Ninguén pode con Iván Ares en Coruña

Iván Ares e máis Jose Pintor, que veñen de competir no certame nacional, arrasaron este pasado sábado no primeiro rally da temporada galega. O único capaz de facerlle fronte foi Víctor Senra que, estrenando o seu novo C3 R5, era capaz de estar nos seus tempos e marcar algún scratch, ata que, un pinchazo no TC4, en Aranga, o alonxaba da primeira posición en máis 20 segundos, cando era o lider.

Descoñecido

O do Hyundai e máis o do C3 xa se alonxaran dos seguintes clasificados e había marxe para rematar o rally sin arriscar. No TC3, segunda pasada por Coirós, era Alberto Meira o terceiro clasificado, pero no seguinte treito cronometrado tiña un erro e facía un trompo que non lle ía salir gratis, un minuto perdeu, cedendo a terceira posición a Iago Caamaño, quen foi capaz de mantela ata o final do rally.

Polo tanto, a clasificación dos catro primeiros quedaba así:
1.Iván Ares
2.Víctor Senra
3.Iago Caamaño
4.Alberto Meira

Rally da Coruña 2019-Nerea Sánchez

Por detrás houbo moitos sustos, os máis destacados foron o accidente de Jorge Cagiao no TC7 co Clio N5, Amelia foi en ambulancia con dor de espalda pero atópase ben; e o accidente de Manuel González e Lorena Maroño co Citroën Saxo (non sabemos nada aínda do seu estado) no TC3. Ambo-los dous choques obligaron a neutralizar eses treitos. Emilio Vázquez era capaz de meterse nas primeiras posicións no TC1 co ZX Kit Car, pero víase obligado a abandonar no TC2 por rotura do trapecio ao pasar por unha alcantarilla. Tino e "Tinín" Iglesias tamén tiñan problemas no último treito da xornada, Tino perdía moito tempo e bastantes posicións. "Tinín" sufría un golpe ao principio do TC8 e perdía bastante tempo, volveu arrancar pero víase obligado a abandonar a 1 km de meta para non romper o motor.
Tamén queremos explicar que o TC1 neutralizouse porque a ambulancia tivo que atender a un espectador que se atopaba mal.

Gracias por seguir durante o sábado a nosa retransmisión en directo, as cifras foron incríbles. Vémonos na seguinte cita!!

Comentarios

Publicacións populares