Galiexpo Motorshow 2019-Información



O próximo fin de semana, durante os días 1, 2 e 3 de Febreiro, celébrase o IFEVI de Vigo a edición 12+1 dun dos maiores eventos do motor de Galicia, o Galiexpo Motor Show. Un evento que xunta a todas as ramas do motor nun mesmo recinto durante un fin de semana cheo de actividades: coches de competición, motos, 4x4, clásicos, tunning, coches a escala, exhibición de drift indoor... No recinto tamén haberá unha sección de "Bike&Running". A entrada ten un custo de 6€ e a entrada para ver drift é un engadido.

Para os interesados na simulación gustaralles saber que haberá un simulador con gafas de realidade virtual, máis información. Ademáis tamén contarán cunha competición de coches radiocontrol a escala, máis información.

Entre os coches de competición poderase ver o novo Citroën DS3 R5 de Alberto Meira presentando as cores para a temporada 2019, estará exposto durante toda a fin de semana. Tamén se poderá ver o Sköda Fabia S2000 de "Couceiro" ou o Suzuki Swift N5 oficial.
Ao longo da semana irán anunciando máis actividades na páxina oficial.

-Máis información xeral
-Inscritos Drift


Comentarios

Publicacións populares