Iván Ares loitará polo título en Madrid

Todo a unha carta, así se decidirá o Campionato de España de Rallies de Asfalto esta temporada, e é que o equipo Ares Racing, con Iván Ares y José A. Pintor aos mandos do Hyundai I20 R5, non puido adxudicarse a vitoria na casa do seu principal rival, polo que todo pasará por esperar ao resultado do Rally RACE Comunidade de Madrid, que se disputará dentro de quince días.

No Rally de La Nucía, a emoción estivo na etapa matinal, durante a que o piloto de Cambre se mantivo na pelea pola vitoria, pero primeiro un problema con un extintor do habitáculo e despois unha mala primeira sección vespertina, fixeron imposible o inquietar o primeiro posto do seu principal rival, que finalmente se adxudicaba a vitoria na casa.


Iván Ares analizaba o resultado da cita alicantina: “Non tivemos o fin de semana que esperabamos. Comezamos cun treito moi complicado, que tiña unha gran lonxitude para ser o TC+, e onde marcamos o segundo mellor tempo; tras iso atacamos no resto do bucle, o que nos serviu para achegarnos a menos de dous segundos do líder. Salimos á repetición dos tramos matutinos con moitas ganas, pero soltóusenos o extintor que levamos no Hyundai I20 R5, meténdose entre os meus pés e facendo baixar moito o ritmo.

Pola tarde sabiamos que ía a ser complicado aguantar a Miguel, porque tiñamos dous treitos moi complicados, onde el tiña moita experiencia por telos corrido en multitude de ocasións, e non fumos capaces de apretar como queriamos. Os cambios que fixemos nos reglaxes non funcionaron e perdemos un tempo que foi decisivo para decidir a carreira.

No último bucle mantivemos unha bonita loita con Dani Solá, que finalmente gañamos tras marcar o mellor tempo no último treito.

Agora hai que pensar en Madrid, onde tenremos que sair a por todas e agardar o fallo de Fuster. Sabemos que é moi complicado, porque os dous estamos facendo unha gran temporada, sendo moi regulares durante todo o ano, pero as carreras acábanse ao chegar ao parque pechado, así que manteremos a ilusión ata o final.

Por outro lado, Hyundai proclamouse como vencedora no apartado de marcas, o que nos alegra pola gran axuda que nos brindaron durante estas dúas temporadas, onde demostramos moitas virtudes do Hyundai I20 R5.”

-Nota de Prensa: Iván Ares

Publicacións populares