Cancelada a Subida a Castro de Beiro
Outro ano máis, a temporada volve rematar a través dun comunicado da FGA avisando da cancelación da última proba. Esta vez deuse no Campionato de Galicia de Montaña aínda que non se descarta que tamén se leve a cabo na modalidade de rally como nas últimas temporadas.
Moitos xa sospeitaban que non se celebraría cando se incluíu nunha das modificacións do calendario da temporada 2018. Aínda así, o presidente da FGA mantívoa no calendario ata seis días antes de pechar as inscricións para a carreira; normalmente, nestes casos, devólvese o importe da inscrición aos equipos, pero para os pilotos que só saíran nesta proba non se lles devolve o importe das licencias quedando con el a FGA. A única forma de poder aprobeitar esas licencias sería correndo un rally, rallymix ou outra entre as poucas citas que quedan para o remate da temporada, todas as licencias caducan o día 31 de Decembro de cada ano.
-Comunicado(PDF)
E como o campionato xa rematou, xa se poden saber as clasificacións finais do campionato e das agrupacións, publicaremos máis información a cerca disto, próximamente.