Iván Corral permanecerá catro anos máis como presidente da FGA

Pois ben, non había moitas opcións, ou era Iván Hermesindo Corral ou era Gloria de Burgos (muller de Corral), non había onde escoller e os resultados desta votación víanse vir, maioría absoluta para Iván que, se non pasa nada "raro", continuará catro anos máis sendo presidente da Federación de Galicia de Automobilismo. Moitos de vos estarédesvos preguntando: "Se tanta xente protesta pola xestión da FGA (por exemplo, pasar dos 150 inscritos cando no reglamento di claramente que non se pode), por qué non se presenta ninguén máis para intentar gañar? Recordámosvos que nesta ocasión presentáronse só dous candidatos, os citados antes. A resposta é sinxela, basta con mirar este comunicado do reglamento electoral: http://www.fga.es/wp-content/uploads/2018/05/18-REGLAMENTO-ELECTORAL.pdf Na sétima páxina aparece como condición para ser candidato unha aportación de máis de 25.000€ á FGA e poida que sexa esta a condición que máis dificulte a entrada de novos candidatos á presidencia da FGA. Con estes números parece normal que se siga presentando Iván con vitoria asegurada, non credes?

#CdRas

Chegamos á xornada electoral do sábado 1 de Setembro, só media hora para realizar as votacións, comezaba ás 17:30 e dábase por finalizada ás 18:00. De 61 persoas que había no censo electoral, só se emitiron 30 votos, é dicir, menos do 50% do censo acudiu á mesa electoral. Tras o reconto de votos, os resultado foi dunha maioría para Iván Corral, con 26 votos, mentras que a súa muller, Gloria, só conseguía 4 votos. Non se presentan observacións nin reclamacións.
-Comunicado do reconto de votos: AQUÍ

Na elección de membros para a Asamblea Xeral mantívose aberta a mesa durante catro horas, dente as 16:00 ata as 20:00. Das 19 entidades deportivas que figuraban no censo, 12 delas emitiron o seu voto, é dicir, máis do 60% do censo. Unha observación: "Faise constar que durante a votación estiveron presentes os observadores da Secretaría Xeral para o Deporte don Miguel Ángel López Sieiro e don Jorge Barros de la Peña aos que se lle fai entrega dun sobre pechado coa documentación electoral orixinal"; e ningunha reclamación.
-Comunicado do reconto de votos: AQUÍ

Agora agárdannos catro anos máis baixo o mandato de Iván Corral, se queredes saber algo máis sobre esta persona podedes ver os artículos que vos deixamos a continuación:

-Automovilismo paga la renta de su sede a su presidente-La Voz de Galicia 2006
-Iván Corral, erre que erre-La Región 2018

En fin, moitísimas noticias máis hai coma estas, pero non podemos poñer todas, habería que rebuscar en internet. A todo isto hai que sumarlle a subida de precios, a gran inestabilidade do calendario de probas, os cambios ou imcumplimentos do reglamento en plena temporada, mentiras constantes a medios de prensa...

Publicacións populares