Final inesperado en Asturias para os dous Suzuki Swift N5

Javier Pardo e Adrián Pérez comezaban liderando a categoría N5, colocándose nunha meritoria cuarta posición por diante de varios R5. Joan Vinyes e Jordi Mercader sufrían problemas de frenos, sendo segundos N5 e sétimos na xeral. Javier e Adrián aguantaban a posición, logrando finalizar a primera xornada ao frente dos N5 cunha amplia vantaxe sobre o segundo clasificado da categoría, Fran Cima, demostrando unha vez máis que os Swift Sport R+ son os mellores N5 do campionato. Pola súa parte, Joan e Jordi eran cuartos da categoría sendo retrasados polos problemas de frenos.


A segunda etapa comezaba cun pinchazo de Vinyes, quen perdía máis de 6 minutos no lance, caíndo ata a quinta plaza da categoría. A partir dese momento, o obxetivo de Pardo era o de mantener o liderato entre os N5, administrando a súa vantaxe cos rivais. Joan buscaría recuperar posicións, pero unha avaría mecánica levábao a abandonar no sexto treito.
Cando xa todo parecía decidido, Javier e Adrián sufrían unha saída de carretera a 4 quilómetros da meta do penúltimo treito, sen consecuencias para eles.

Publicacións populares