Javier Pardo e Adrián Pérez conseguiron a terceira posición nun rally que lles serviría para seguir sumando quilómetros sobre asfalto e así prepararse para a seguinte proba do CERA (Campionato de España de Rallies de Asfalto), que será o rally de Ferrol.
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEgNqeUlZBnqdmwzjg_5R0t1x0jCqDN6Jkc_FsZZX_9rZGsbasTxEHkemgEZGMk_nJ0NjL7lHo1QxiSrO57lqPpRANkZ5FLsH9s6Qk0S_prsfo4Iq0xfyl6C4IZNH7cXMGgJCI-YxILoTjhC/s640/055.jpg) |
Marcos Parada-Rally Sur do Condado 2018 |
O rally comezaba moi temprano para os primeiros participantes, pero Javier e Adrián consiguen xuntarse cos tres equipos favoritos para a vitoria despois do primeiro treito de Mondariz. A pesar disto, no segundo treito, Ponteareas, nunha mala trazada Javier golpea unha llanta e resúltalles imposible marcar un bo tempo. Nas segundas pasadas por estes dous treitos, a parella consigue manterse entre os tres primeiros, pero beneficiados polo pinchazo de Víctor Senra consiguen chegar ao ecuador do rally en segunda posición despois de celebrar o treito de Arbo.
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEhbKVP-fA1en5U7zM0X2UdHwpBJ5UPw9IcwEFQBlnITB9Wgtj5FFlWBAzXAVHt0OnQnHe7ofMw2W9mJ5Truk5sFK89Sczv4hMXOdoFKhfZiWwqHufoMIeQrwVPuWvf_7FSvNmhWhA7GjsPr/s640/069.jpg) |
Marcos Parada-Rally Sur do Condado 2018 |
Para comezar a tarde volverían ao treito de Arbo pero este foi cancelado, así que os equipos volverían ao parque e posteriormente dirixiríanse ao treito de Salceda, onde Javier tería un erro facendo un trompo. Javier e Adrián tratarían de aguantar ata o final a presión do Ford Fiesta R5 EVO2 de Víctor Senra sobre o Suzuki Swift N5 (2016). A posición final decidiuse no último treito e Vítor conseguiu alzarse coa segunda posición tan só por 0'389 segundos.
Así, despois da incertidumbre tras cada treito polo problema cos tempos, Javier e Adrián conseguiron a terceira posición final, por diante quedarían Meira-Murado (1º) e Senra-Vázquez (2º).
-Información:
www.javierpardo.es