Primeira proba en terra e sale victorioso

Iago Gabeiras fíxose esta fin de semana pasada coa vitoria do Rally Terra da Auga dentro da Copa Suzuki sendo esta proba o seu debute en terra. Soamente uns pequenos test previos ao rally bastaron para facerse coa vitoria da copa e para permanecer líder da clasificación xeral da Copa Suzuki.


No primeiro treito, o TC0 do venres, era Unai de la Dehesa quen marcaba o ritmo co primeiro scratch, seguido de José Lamela e Iago Gabeiras en 10 segundos. O sábado pola mañá, o primeiro scratch era para José Lamela, seguido moi de cerca por Iago Gabeiras, desta forma Lamela conseguía poñerse líder da xeral. Neste treito Unai perdía máis de 20 segundos. Cun pinchazo, Unai de la Dehesa miraba como se lle escapaba a vitoria e no TC2 perdía 10 segundos máis. Isto, e máis os problemas de Lamela (perdía 40 segundos) facían que Iago Gabeiras fose líder da proba dende o TC2. Os dous seguintes scratch ían ser para un José Lamela que intentaba sobrevivir en segunda posición despois do abandono de Unai no TC3. Chegamos ao ecuador da proba e Gabeiras mantíñase líder con máis de medio minuto de vantaxe sobre Lamela e levando un bo ritmo.

Carla Barro Almeida

Agora era José Lamela quen abandonaba e deixaba que Iago Gabeiras mirase a vitoria moi de preto. Iago marcaría os scratch restantes e alzaríase coa vitoria cunha diferencia de máis de catro minutos sobre o segundo clasificado, Sergio Cuesta; e con máis de 5 sobre Aritz Badiola. Esta foi a terceira vitoria consecutiva para Iago Gabeiras dentro da copa Suzuki Jr. e asegura, cada vez máis, primeira posición da xeral da Copa Suzuki Junior. Dende Condado Racing a nosa noraboa para Iago!


Publicacións populares