Aquí remata a viaxe de Kris Meeke polo WRC

Esta pasada tarde de xoves anunciábase na conta de Twitter de Citroën Racing que o equipo oficial de Citroën non contará coa presencia de Kris Meeke e Paul Nagle durante o que resta da presente temporada debido ao seu elevado número de saídas de pista que normalmente remataban cun C3 WRC para o desguace.

L. Rivera

O seu último accidente foi, mesmamente, esta fin de semana pasada, no rally de Portugal. O británico loitaba nas primeiras posicións e non quería perder ritmo así que pisaba o pedal a fondo, pero desafortunadamente non puido rematar a proba a causa dun fortísimo golpe que deixaba inservible o Citroën C3 WRC e obligábao a abandonar. Ambos, piloto e copiloto, saíron ilesos do accidente a pesares do aparatoso das imaxes.

David García

Xa non é a primeira vez que o equipo Citroën se ve obligado a reparar por completo o vehículo de Kris Meeke e é que na pasada temporada, no ano 2017, o piloto estrela da marca francesa tivo dous sinistros, nun deles o equipo conseguiu endereitar a carrocería por completo e saiu ao día seguinte en Super Rally cun coche que parecía sacado de fábrica, moitos recordarán aquel día en Argentina e para os que non o recorden, este vídeo:


Kris Meeke ten tanta fama polos accidentes que nalgunhas zonas xa o apodan Crash Meeke e lembran tamén a outro piloto que tamén tiña moitos accidentes, Collin McRae (DEP), a quen tamén se refiren como Collin McRash. Unha forma distinta de ver os rallies, dende a perspectiva do humor. Pero semella que o equipo Citroën Racing rematou coa paciencia e xa non está para bromas, así comunicaba o equipo a noticia:

E isto non foi o máis sorprendente da tarde, para moitos foi algo extraño que Kris Meeke pulbicase uns minutos antes na súa conta que estaría na próxima proba dándoo todo, coma sempre. A conclusión desta situación é que Kris Meeke e Paul Nagle enteráronse ao mesmo tempo que todos de que estaban fora do equipo. Volveremos ver a Kris Meeke algún día no WRC?

Publicacións populares