Rali do Cocido 2018-Información


Chega a proba que abrirá a temporada 2018 no CERA (Campionato de España de Rallies de Asfalto), trátase do Rali do Cocido, proba que en anteriores edicións foi puntuable para o CGR (Campionato de Galicia de Rallies) e que en 2017 superou a pre-inscripción ao CERA. Na edición pasada chegou a haber neve nas cunetas dos primeiros treitos e esta proba é famosa polo asfalto impregnado de barro, esperamos que neste ano poidamos ter ese factor tan común no rali da comarca de Lalín-Deza.

Preséntase unha lista de 50 inscritos para o Rali do Cocido 2018, entre eles, un total de 5 R5 e 6 N5 serán pilotados polas estradas de Lalín. É o primeiro ano que esta proba puntúa para o campionato nacional e contará coa presencia dos equipos da copa Suzuki, ademáis dos anteriormente mencionados (R5 e N5) e máis equipos.
Entre os R5 aparece inscrito Pedro Burgo pero anunciaba nas redes sociais que non seguirá coa traxectoría deportiva que levaba, sin confirmar a súa ausencia en Lalín. Ver publicación

-Lista de inscritos(PDF)

Sen ter que agardar máis xa vos presentamos os treitos e horarios para que poidades asistir á proba sen ningún problema. Enriba de cada treito tendes á vosa disposición unha guía de zonas recomendadas pola escudería (en archivo .jpg).





Shakedown-Guía
Horario: 
  • 10:00h. (Venres)


TC1/13-Lalín-Guía
Horario: 
  • 21:00h. (Venres)
  • 20:25h. (Sábado)


TC2/5-A Estrada/Silleda-Guía
Horario: 
  • 8:10h.
  • 11:25h.


TC3/6-O Couto-Guía
Horario: 
  • 8:50h.
  • 12:05h.


TC4/7/8-Saborida-Guía
Horario: 
  • 9:20h. (TC+)
  • 12:35h.
  • 15:20h.


TC9/11-Carballeda-Guía
Horario: 
  • 16:10h.
  • 19:05h.


TC10/12-Roderiro/Dozón-Guía
Horario: 
  • 16:50h.
  • 19:45h.



-Información oficial da proba
-Tempos On-line
-Radio oficial

-O tempo-Lalín
-Aloxamento-Lalín
-Onde comer-Lalín
-Zonas de interese-Lalín

Publicacións populares