José "Bamarti" quere voltar ao RallyMix de Cuntis na súa segunda edición. A súa intención é axudar á proba para que se poida seguir realizando no seu pobo, "na súa casa". José Miguel, campión galego de rallies dos anos 2006 e 2007, pensa que este ano será máis difícil optar á vitoria da proba, posto que hai máis nivel cada ano e el, segundo di, leva xa un ano sen montarse no Kart Cross.
|
EMECE FOTÓGRAFOS |
Está previsto que volva participar cun Ya-Car, aínda que o vehículo será diferente e verase obligado a adaptarse a el e volver a coller ritmo. Quere facer quilómetros e ir axustando os reglaxes para chegar cómodo ao día da carreira.
|
EMECE FOTÓGRAFOS |
O recoñecido piloto galego tamén resalta a labor da escudería de Cuntis. Comentaba que na pasada edición a escudería realizou un bo traballo e pensa que o volverán facer, como proba, a proba de terra cuntiense contará con Albert Llovera como invitado, recoñecido internacionalmente polas súas participacións no Rally Dakar, que dará unha charla.
|
EMECE FOTÒGRAFOS |
O RallyMix de Cuntis será unha das citas de obligada asistencia do calendario 2018 da FGA, celebrarase os días 3 e 4 de Marzo.