Vitoria aplastante de Alexey Lukyanuk co Swift N5


O piloto ruso, Alexey Lukyanuk; e o seu copiloto, Hugo Magalhães; gañaron con total autoridade o Rally de Terra Cidade de Astorga a bordo do Suzuki Swift R+ N5 este pasado sábado. O piloto ruso acudía ao evento (en inspección para formar parte do CERT no futuro) invitado por ARVidal Racing, Rallycar e Suzuki Motorsport.


O piloto de San Petersburgo fixo o mellor test de fiabilidade que se lle podía facer ao Swift no seu debut na terra. Non deu opción a ningún dos seus rivais e impúxose con máis de catro minutos con respecto ao segundo clasificado. Durante a proba realizáronse diferentes cambios de "setup" (reglaxes) e Alexey foi sempre buscando os límites do Suzuki nas terras de Astorga, como o puideron comprobar os aficcionados presentes na proba.


Ademáis, esta unidade, foi a mesma que utilizou Gorka Antxustegui para facerse coa vitoria do Rally CAM RACE de Madrid, demostrando así o nivel do Swift R+ tanto en terra como en asfalto.

Prensa ARVidal Racing

Publicacións populares