A historia repítese no CGR, qué está pasando?

L. Rivera

"CANCÉLASE o Rally Comarca da Ulloa", esta oración foi a máis repetida durante a tarde do xoves 7 de decembro. Poucas horas despois de que o Concello de Palas de Rei publicase na súa páxina de Facebook tres dos catro tramos a celebrar, comezaban a lanzarse numerosas mensaxes polas redes sociais sobre a cancelación da proba. Minutos máis tarde a F.G.A. publica este comunicado para confirmar o rumor:
http://www.fga.es/wp-content/uploads/2017/12/286_07_12_2018.pdf


A maioría das clasificacións chegarían a esta proba sen decidir, unha xa decidida era a Pirelli AMF da que Heriberto Atán foi o campión. Víctor Senra obtivo así o Campionato Galego de Rallyes 2017, con Alberto Meira en segundo lugar e seguidos por Iago Caamaño. José Lista campión da Top Ten Pirelli, Álvaro Pérez da Volante FGA e José Calvar da Copa Iniciación RECALVI. Situación triste para os equiposx por perder tempo e diñeiro preparando os vehículos de competición; e para os afecionados tras coñecer a noticia, sobre todo despois de anunciar inscritos como Lukyanuk co Swift N5 ou Javier Pardo cun Fabia R5 (ademáis da loita polo campionato e as copas).

Nerea Sánchez

Esta situación fíxonos recordar o ano 2016, cando a temporada remataba cun comunicado que cancelaba o Rally de A Coruña e outorgaba o título a Alberto Meira, tendo Iago Caamaño posibilidades de arrebatarllo nesa última proba, aínda que estaba bastante distanciado en puntos. O comunicado desta temporada xa se está vendo por moitos como unha excusa para non celebrar un rally que xa non se ía celebrar e poida que teñan razón xa que o cartel da proba, a falta dunha semana, aínda non se publicara... Pola nosa parte queremos pensar que non foi así, queremos pensar que tanto a escudería Mix Rallye Sports como a Federación Galega de Automobilismo fixeron o posible por celebrar a proba da Comarca da Ulloa.

Pablo Ares

Por último, para non causar moitos danos económicos aos participantes, a escudería Scratch Fene foi autorizada para prolongar o peche das inscricións á proba que se celebra este sábado. Dende Condado Racing unha forte aperta á escudería MixRallyeSports.

Publicacións populares