Previa Rally de Gales 2017: M-Sport ante a oportunidade soñada

En moitos deportes danse casos de equipos humildes que son capaces de derrotar, cuns recursos reducidos, a formacións moito máis potentes a nivel económico e deportivo. Os rallyes, por suposto, non podían ser menos. Chegou un fin de semana soñado por Malcolm Wilson, o director de M-Sport, a única escudería non oficial do WRC que está tocando xa os dous títulos a disputar nesta temporada.

foto: motorsport.com

O feito de gañar tanto o título de pilotos (sería a primeira vez para M-Sport), como o de construtores (gañárono en 2006 e 2007 pero co apoio oficial de Ford) xa é moi ilusionante de por sí. Pero gañalo no rally de casa sería a culminación a un equipo que non abandonou o WRC na peor época a nivel deportivo da competición. Época onde Loeb, case sen rivais (precisamente era Hirvonen co Ford o seu único rival) impoñíase durante ano sí e ano tamén. 

Un dos ford de M-Sport en 2013, en concreto o do carismático Novikov. Foto: Wikipedia Commons

A superficie no rally de Gales pode que sexa a máis parecida á que podemos ver en Suecia. Unha grava moi resbaladiza na que a chuvia e a néboa (condicións habituais nestas terras) sumados a uns trazados revirados e estreitos dan lugar a un dos rallyes máis complicados da temporada. Neste terreo Elfyn Evans, natural de Gales, ten case a obriga de destacar e é un dos favoritos sen dúbida. 

foto: wrc.com
O seu compañeiro de escudería, Sébastien Ogier, chega co quinto campionato case na man. Só necesita non perder máis de 8 puntos con Tanak e 9 con Neuville para coronarse e coronar tamén á escuadra de Cumbria. O francés non tomará riscos para tratar de asegurar un campionato que viu complicado nalgúns momentos pero que agora, salvo unha sorpresa maiúscula, parará nas súas mans. Ott Tanak disputará o seu penúltimo rally con M-Sport despois de que Toyota anunciara a súa fichaxe para a proxima temporada. 

Ogier gañou os últimos 4 rallyes de Gales co Polo WRC.
Foto: red bull
No equipo Hyundai buscarase "perder gañando". Os pilotos do equipo coreano sairán a morder, en especial o español Dani Sordo, xa que é a súa última proba da temporada e Michel Nandan tomará nota seguro da súa actuación. Vai estar moi difícil ter un programa completo a próxima temporada nun equipo no que a competencia entre os membros é moi alta. En Toyota xa se comeza a pensar na próxima temporada nun rally que será moi posiblemente o último de Juho Hanninen co equipo xaponés. A fichaxe de Tanak por Toyota e o anunciamento de retirada do seu copiloto Kaj Lindstrom deixan ao finlandés nunha situación comprometida. 

Se non vos queredes perder a posible resolución do campionato, recordade que en redbull.tv teredes resumos cada día de rally ás 23:00. Ademáis, en Movistar Deportes 1 emitirán en directo o tramo do sábado ás 13:00 (tamén emitido por redbull.tv), o do domingo ás 10:00 e o do domingo ás 13:00 onde, moi posiblemente, se saberá o desenlace de polo menos un dos campionatos. 

Publicacións populares