Alexis Vieitez é campión galego de montaña 2017

Sí, o piloto do Fórmula Outeda clasificouse por diante de Jesús Pombo, isto é máis do que precisaba para coronarse como campión xa que Pombo era líder da clasificación virtual pero o verdadeiro líder era Alexis Vieitez. Alexis só precisaba clasificarse quinto para obter o campionato.


Outro campionato que se garda Vieitez no bolsillo despois dunha temporada dura loitando cada milésima con Jesús Pombo e Pablo Rey e algún susto como o deste sábado cando non modía completar a segunda pasada ou en A Escusa onde rompía motor. Un gran piloto.
Dende Condado Racing animamos a estes tres grandes do automobilismo galego a participar a nivel nacional ou europeo. Aínda que Pombo xa decidiu poñer á venta a súa montura e Pablo Rey non participara nesta última proba.

Publicacións populares