Rally Terra da Auga 2017-Itinerario


Onte á noite publicábase toda a información necesaria para asistir á proba coruñesa, información moi ben explicada e presentada pola escudería con toda a información. Antes de nada, sabemos que o ides precisar os que sigades o rally dende as casas, así que aquí vos deixamos o enlace para ver os tempos en directo e o vídeo en directo nalgúns tramos.
-Tempos
-Vídeo

Tamén podedes ver novas relacionadas que fumos publicando en Condado Racing, como por exemplo a participación dun Mercedes Unimog U500 pertencente á categoría T4 ou os Horarios do Rally:

Horario Oficial
O primeiro tramo será o Shakedown que se celebra hoxe de 15:00h. a 17:30h. e non será cronometrado dado que servirá aos equipos para adaptar os coches á situación da terra, o agarre, etc. Máis tarde, despois da presentación do evento ás 19:00h. dará comezo o primeiro tramo ás 19:15h. do venres. Despois do tramo e a presentación de pilotos na Praza da Feira en Arzúa, os equipos levarán os vehículos á zona de asistencia, ás 10:00h. sairán desta zona para comezar a parte importante do rally, ata as 19:30, os coches percorrerán os tramos de Arzúa loitando pola vitoria, con chegada á Praza da Feira de Arzúa.

Para chegar aos tramos podedes seguir a Guía da Escudería onde están marcados os accesos ao tramo e con ubicación de google maps para chegar sen complicacións.

-Lista de inscritos(PDF) (104 inscritos)
-Regulamento
-Comunicados oficiais
-Web escudería

-O tempo-Arzúa
-Onde comer-Arzúa
-Aloxamento- Arzúa
-Zonas de interese-Arzúa

Publicacións populares