Día triste para Gracia e Vallejo

Rubén Gracia e Diego Vallejo disputaban esta fin de semana o rally Mar de Olivos puntuable para o Campionato de España de Rallyes de TodoTerreno (CERTT), unha proba con 700km., aproximadamente, de tramo cronometrado. Pois ben, ían circulando sobre o km cronometrado 120 a 97km/h (segundo o sistema Stella) cando acontecía o seguinte:


Un “afeccionado", se se lle pode chamar así, lanzaba unha pedra contra a Ford Ranger que abría tramo e ía líder da proba. Este non é o primeiro caso deste tipo de actuacións, ainda que son pouco frecuentes, pero si esperamos que sexa o último. Trátase de xente que non asiste ao rally para ver os coches, senon que vai a mirar espectáculo, como aprenden neses vídeos que andan polas redes sociais co nome de “Crash & Show". Tamén queremos intentar que as persoas que suban os vídeos reflexionen sobre isto e se queren obter maior número de reproduccións, que fagan mellor o seu traballo, grabar.
De todas formas, dito isto, esperamos que a acción non fose de forma intencionada, ainda que a policía xa está investigando o suceso con imaxes da on-board e outros datos. Dende Condado Racing mandamos ánimos a Diego e Rubén.


Publicacións populares