Magalhaes gaña o rally das Azores e Pepe López salva os mobles

foto: multidesportos
O portugués Bruno Magalhaes conseguiu a victoria final nun rally das Azores moi accidentado. Onte, o actual campión de Europa, Kajetan Kajetanowicz, tiña que abandonar e perdía todas as opcións a puntuar. O accidente do polaco deixaba a Aleksey Lukyanuk, o seu principal rival no campionato, coa vitoria nas súas mans. Non obstante, o ruso tivo un accidente a 5 tramos do final do rally. Iso aproveitouno Magalhaes, que conseguiu a vitoria co seu Skoda Fabia R5.


  
Foto: motorenlinea.es
A temporada non comezou da mellor maneira posible para o equipo Peugeot Sport, despois de que Cohete Suárez tivese que retirarse nunha fin de semana na que tivo moitos percances. O asturiano ten un ritmo impresionante, pero debe comezar a ser máis regular se quere conseguir bos resultados. Pola contra, Pepe López, pese aos problemas mecánicos que tivo no seu Peugeot 208 R5, conseguiu subir postos nos últimos intres e quedar en cuarta posición na clasificación xeral e segundo na u-28 (detrás de Griebel). 

A segunda proba do ERC será o rally das Illas Canarias, puntuable tamén para o CERA. Disputarase na primeira fin de semana de maio.  



Publicacións populares