Dous podios para "Tinín" en Arteixo

Gran actuación este fin de semana de "Tinín", obtendo un primeiro e un segundo posto nas categorías de máis e menos de 1600cc respectivamente.


Na categoría de menos de 1600cc, Celestino marcaba o mellor tempo das semifinais co Peugeot 106, despois de que Alberto Varela fose retirado da primeira posición na parrilla de saída por un erro de cronometraxe. Na final, Isaac Calvo deixaba atrás a "Tinín" e máis a Alberto Varela. Estes loitarían pola segunda posición, ata un fallo mecánico de Celestino que lle obligaba a ceder na loita. Así chegaron a meta, mais logo Alberto Varela foi penalizado por levar pneumáticos non normativos e obtendo a terceira posición por detrás de "Tinín".


Xa cos vehículos de máis de 1600cc e co piloto de Tino Racing embarcado no Citroën Saxo, aquí o xoven piloto era intocable conseguindo o primeiro posto na semifinal, ao igual que na final, e nesta última con case 10 segundos de vantaxe sobre Mario Rios e máis de 11 sobre Adrian Tojeiro.

Publicacións populares