Triplete galego en Córdoba

Houbo triplete galego na proba andaluza do Campionato de España de Rallyes de Asfalto, pero non foi triplete de podio.

Imaxerali

Iván Ares terminaba en terceira posición da xeral despois de pelexar durante todo o rallye con C. García e S. Pernía en segundos. Ares conseguía facerse coa segunda posición pero no último tramo...o inesperado, Iván trataba de alcanzar a Cristian e sufriu un choque co que ía perder bastante tempo e cedéndolle a segunda posición a Pernía.


Pedro Burgo, despois dun largo fin de semana, con problemas de saúde, tanto el coma seu irmán, remataron en cuarta posición ainda que bastante lexos, en tempos, das posicións de cabeza.


Por último, Sergio Vallejo completaba a proba en quinto posto, que ainda que gañou o shakedown, perdía posicións dende o primeiro tramo.

Full

Publicacións populares