Pedro Meireles gaña o Rali Serras de Fafe

Pedro Meireles vence o Rali Serras de Fafe, primeira proba do Campionato Portugués de Rallyes.  Seu irmán Paulo Meireles, obtén no seu retorno á competición un magnífico cuarto posto.

Prensa

Estrenábase ARV este ano no Campionato Portugués de Rallyes asistindo aos irmáns Meireles en cadanseu Sköda Fabia R5. Nun rally que se disputa nos mesmos tramos da zona de Fafe que desde décadas levan recibindo o WRC, e onde se presentaron á saída ata 14 pilotos en vehículos da categoría reina do nacional, R5, Pedro Meireles mostrouse competitivo xa na xornada do sábado, disputándose o rally ao segundo con Ricardo Mouram nun Ford Fiesta R5 , pero un pequeno problema con un tubo do intercooler que posiblemente se soltara nun salto, fíxolle perder rendemeento ata caer á terceira praza. Unha vez solucionado na asistencia, Pedro Meireles recuperou o seu ritmo e arrebatou a segunda praza ao piloto do Citroen DS3 R5 Pedro Fontes, pero consciente de que 30 segundos nun rally como Fafe son demasiados. 

Prensa

Pero os problemas caeron do lado do piloto azoriano, e Ricardo Moura danaba un brazo da suspensión quedándose fora de carreira e permitindo así que Pedro Meireles e Mario Castro se fixesen co triunfo, con Pedro Fontes-Inés Castro segundos e Joâo Barros-Sergio Henriques terceiros nun Ford Fiesta R5.

Prensa

Ao final da proba, o piloto gañador mostrábase moi contento co resultado: "Foi un bo fin de semana para todo o equipo, fixemos un rally con algúns problemas na primeira xornada, pero solucionámolos e todo acabou indo moi ben. Penso que tivemos moi bon ritmo todo o rally". Pola súa parte Paulo Meireles e Marcos Gonsçalves regresaban aos rallyes despois de un ano de parón e, ainda que o obxetivo en principio era aprender do Sköda Fabia R5 e divertirse, acabou por completar un gran Rallye: "Foi un gran rally para min. Levaba un ano sin competir, pero enseguida sentín confianza co coche e iso permitiume marcar algúns bos cronos durante o rally. Non hai duda de que resultou un gran regreso".
 
Prensa

A próxima proba do Campionato Nacional de Rallyes de Portugal será o Rally de Castelo Branco o fin de semana do 11 e 12 de marzo, esta vez sobre asfalto...

Borja Alonso

Noticia vía: Prensa ARVidalRacing

Publicacións populares