En 2016 anunciábase a perda do histórico Rally Rias Baixas con 52 edicións celebradas. Nese momento, Galicia quedaba tan só con dúas probas no Nacional (CERA), Rallye de Ourense e Rallye de Ferrol.
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEiGzgRMesbFqV-TVFTU-8kcrbUXIlEZWDfSi-pgHqB7zWqnyc_vvJ3Qjlclgdx8CvbjGQDSK9ll2bhJ5Q6s-4SwMkwRw9vs9mYKqbkv2X-g0PHdLxbYZB_bDP84NczPr7a38-M7jGihOG-7/s640/16.jpg) |
David García |
Pero este ano están sucedendo cousas inesperadas, en 2016 o Rallye do Cocido anunciaba a pre-inscripción en 2017 para o CERA, segundo Faro de Vigo, a proba pasa os test de seguridade e confírmase a presencia do evento no Campionato de España. Pero que pasaba antes de esta noticia? A Escudería Rias Baixas mandaba unha mensaxe polas súas redes sociais, decindo: "En 2017 teremos Rallye Rias Baixas". O calendario do CGR xa estaba fixado nesas datas, así que só cabe a esperanza de ver o Rias Baixas no campionato español.
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEhR1XBIXU97s7kpFICZK8I9Wa3n6vaTb2pXSSf9L1PPZNTQiei6wlbR9sBYpJzCYrmaThA2xKmWnlpnDDTiyxg2ZNLMpVjSmUib1eBO1mPpZcVeqOBurMNYP_rukOTJp1sFtf8qwkTV7ZqN/s640/DSC_0120.jpg) |
Lorenzo |
Seguindo co reconto... Os rallyes de Ourense e Ferrol seguen aparecendo no
calendario borrador da
Federación para 2017. En total hai dez probas en borrador. Hai sitios para o Cocido e o Rias?