Entrevista Equipo AMF

Por petición de amfmotorsport_fans, unha conta de Instagram que apoia desde fai unhas semanas a Alberto Meira e David Vázquez, facemos unhas preguntas ao equipo AMF. Esta será a primeira entrevista en Condado Racing e esperamos achegarvos a todos a mellor información...

David García

*CR: Antes de nada felicidades a todo o equipo pola vitoria deste ano no Campionato Galego de Rallyes!
-AMF: Moitas gracias!!

*A primeira noticia ao anunciar a vitoria do campionato galego foi a venta do EVO X, se se consigue vender, que plans hai (coche, campionato...) para a temporada 2017?

-A verdade é que está todo un pouco no aire, vai a depender moito do presuposto do equipo. O coche que se baralla pode ser un MaxiRallye e o campeonato a seguir, gustaríanos que fose o nacional, pero por motivos presupostarios creo que será o galego.

Skin Car Design

*Vimos o Clio do voso equipo no RallyMix de Barbadás pilotado por un compañeiro voso, Óscar, copilotado por David, pero sufriu un accidente na xornada do sábado, está ben o piloto (supoñemos que David está ben ao participar en Ulloa con Alberto)? O coche non parecía estar moi ben, está reparado xa e listo para correr?

-Si, tanto David como Óscar están ben. Era a súa primeira experiencia no asiento da esquerda e esperamos que se anime a repetir. O coche xa se está reparando.

*Agora os RallyMix estanse poñendo de moda e en caso de non conseguir comprador para o EVO X existe a EVO Cup no nacional de terra (CERT), existen posibilidades de ver a parella Alberto Meira-David Vázquez sobre terra en 2017?

-Non o barallamos a verdade, pero o noso proxecto está diseñado para o asfalto.


Lorenzo

*O
s irmáns Pais anunciaban días atrás a súa volta ao CGR, con qué montura credes que poderían entrar a participar? Por qué? Isto tamén afectará á hora de elexir coche dentro do equipo AMF?
-Os Pais confirmaron que estarán cun EVO X, o por qué da súa elección non vai afectar para nada na do equipo AMF, o único que nos fará escoller unha ou outra montura será o presuposto.

*Con respecto ao nacional, xa estaba anunciada a brida do EVO X para 2017 e con ela participou Cristian García en Madrid, onde levou a última vitoria do campionato. Parece mentira que participando co reglamento 2017 (menos potencia) siga gañando Cristian con tanta diferencia sobre os R5 de Solans e Vallejo nos tramos lentos. É certo que Cristian é moi bo piloto pero a brida non parece ser o principal problema do EVO X. A pregunta é a seguinte: Se Cristian García competise contra Nil Solans (que é quen marcaba os mellores tempos entre os R5 en Madrid), estando os dous embarcados nun mismo R5 e sin contar os pinchazos ou problemas, quen credes que gañaría?

-Non me gusta facer suposicións, Cristian foi o mellor este ano con diferencia, é un xoven valente e está evolucionando moito como piloto...


David García

*Cómo se podería evitar que un coche gañe a outro de categoría superior (como o caso do EVO X) sin acabar bridando todos os coches?

-A verdade é que é moi complicado iso, desde fai moitos anos existen as bridas nos EVO´s e os Subaru´s e sempre sae alguén beneficiado ou perxudicado, Eu creo que deberiamos tender, con bridas ou sen elas hacia a norma FIA.

*Iago Caamaño foi un forte rival este ano, gañando habilidade en cada rally. Un piloto que ven do AutoCross. Se sigue aumentando así o manexo do Fiesta, como vedes a temporada 2017 loitando contra el?

-A temporada 2017 será un gran ano para os rallyes, plantexanse rivales varios e cada un máis dificil (Caamaño, Iago Silva e o seu Porsche, Víctor Senra, Pais...). Gústannos os retos, iso motivaranos a facer as cousas ben e traballar duro, hai que ter en conta que xa fumos subcampións de España e só nos gañou un WRC, así que estamos preparados para lograr o campionato.


Lorenzo

*Gustaríanos facervos máis preguntas pero non queremos molestarvos máis, Moitas gracias por atendernos e ogallá que teñades moita sorte nestes próximos anos!!

-Tanto David como eu agradecémosvos o bo trato que tivestes con nós. Moitas gracias por todo!!!

Publicacións populares