RallyMix Barbadás 2016-Clasificación
Unha proba dificil que comezaba ben o sábado, con terra húmeda e boa visibilidade con algo de néboa, ao contrario que na segunda pasada, cando pouco antes do inicio da manga, comezaba a chover intensamente formando un barrizal no tramo que impedía rematar a algúns pilotos.
Esta segunda manga viuse interrumpida en dúas ocasións:
Abel Jurado foi o claro dominador da proba, como na maioria, e obtivo en Barbadás o campionato galego. Por outro lado, unha moi boa actuación de Javier Pardo, o piloto do Peugeot 208 R2 que se subía por primeira vez a un tracción total como é o Polo N1 de ARVidal, completando a proba en segunda posición casi a medio minuto do gañador.
Un dos esperados en Barbadás era Roberto Méndez, de RMC Motorsport, que completaba as dúas pasadas do sábado no Ford Fiesta R5 e decidía marchar debido ás condicións de meteoroloxía desfavorables.
Esta segunda manga viuse interrumpida en dúas ocasións:
- Despois de pasar os primeiros kartcross chegounos a noticia de que a carreira estaba paralizada porque varios kartcross quedaran atrapados ou con problemas mecánicos. Tras solucionar estes problemas reanudouse a carreira.
- Pouco despois volvíase a paralizar a carreira, outra vez, por motivo de algúns coches en tramo parados. Ao mesmo tempo, un comisario da zona informaba que a terceira manga tiña que ser suspendida polas condicións de meteoroloxía e aplazaríase ao domingo. A federación tomou esta decisión vendo tamén que coas paradas realizadas, se se celebraba a terceira manga íase retrasar demasiado e posiblemente algúns vehículos tivesen que completar o tramo a oscuras.