Rally Tour de Corse 2016-Clasificación


Ogier leva de novo a vitoria liderando durante todo o rally con case un minuto de vantaxe sobre Thierry Neuville quen viña perseguido por Mikkelsen a menos de medio minuto. As posicións durante todo o rally non cambiaron moito, salvo o abandono de Suárez e Cádido e o abandono de Kris Meeke, ademáis do pinchazo de Dani Sordo, que perdía dous minutos aproximadamente. Declaraba despois que era dificil concentrarse sabendo que a vitoria deste rally está moi lonxe, ainda así, o piloto español xunto co seu copiloto Martí conseguiron avanzar algúns postos e reducir o tempo de cabeza quedando sétimos finalmente.


En WRC2 como dixemos, era o español Suárez xunto ao seu copiloto de Salvaterra de Miño, Cándido Carrera os que tiñan que abandonar.
Elfyn Evans conseguía outra vitoria co Ford Fiesta R5 EVO por diante de Kopecký e Bonato. Cuarto era Maurin completando a súa mellor carreira no mundial.


Dani Sordo espera a vitoria en España e esperamos que José Antonio Suárez tamén o consiga.



Publicacións populares