Este sábado 22 de Outubro hai actividades para todos, para a xente do sureste e o noroeste. A continuación recordámosvos que eventos do motor hai en Galicia:
Para a xente do sureste hai unha gincana, a gincana de Trasmañó, recomendada para os que non teñen ganas de ir á opción do noroeste ou para quen non lle guste andar a corre detrás dos coches de tramo en tramo. Aquí tendes o itinerario con todos os datos necesarios:
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEhscmFTtLOjfZUSUOrK0aQPi6E_8bN3RWSPE5MlMmfwkRDobVa1-y1iZlt4mXxYs25fwucygE3iIAGadhhkuKBhUjYumLw02ApyPKiAty9g1ony7Uvp6UMQ-IW2GhpaRdDqF_avqAEglk6I/s640/IMG_20160911_111310.jpg) |
Marco da Silva |
Por certo, esta gincana íase celebrar o mércores de festivo nacional pero non puido ser así. Por isto celebrarase este Sábado 22.
Para os que queiran máis acción e para os fans de Vallejo poderán asistir este sábado ao Rally San Froilán, primeiro rally despois do parón do verán, e a onde esperamos que poida ir Félix Macías despois do problema mecánico no Rally RACC.
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEgNbrtD_44Bwt4nzTVPLEnv65nofIJGs_P0CTyLGGUO6sppN1I4zDkQS7ISLcu5xyN3kzebQC_XTjn0eankI33NzXruuhj7bPj5uIu9eJfnndJM4O0ZJ_0tMJcvm2XEa92uK2OKQVrWbfiT/s640/22.JPG) |
David García |