32 Rali de Noia-Horarios
Poucas novedades na trixésimo segunda edición do Rali de Noia. Como en anos anteriores a xornada do venres 8 de abril será cando se celebren as verificacións, que de novo serán na Alameda de Noia. Despois de isto os coches desplazaranse ao parque cerrado que se continuará celebrando na explanada de Labarta.
O sábado será cando comeze a verdadeira competición coa celebración dos catro tramos. Pola mañá o primeiro tramo do día será o denominado como "Stark" e a continuación celebrarase o segundo tramo "Tropic Burguer". O parque cerrado do mediodía celebrarase na localidade de Bertamiráns. Pola tarde disputaranse os tramos "Pavimentos de Noia" e "Neumáticos Tino" que será o último tramo do día.
A continuación deixámosovos os mapas dos tramos e o Google Earth dos mesmos.
TC-1: Stark
TC-2: Tropic Burguer
TC-3: Pavimentos Noia
TC-4: Neumáticos Tino
Lista de inscritos
De novo a Escudería Berberecho volverá a ter unha das mellores listas de inscritos do Campeonato Galego de Rallyes tanto en cantidade como calidade. A cifra de 150 inscritos non se puido superar e finalmente foron 134. En canto a nomes destacados destacan Manolo Senra, Iván Ares, Alberto Meira o Iago Caamaño entre outros moitos.
Outros datos de interese
- Tempos en directo Rali Noia: Tempos FGA
Comentarios
Publicar un comentario