Jorge Pérez vende o Clio N5 e compra un DS3 R5
Este Renault Clio N5 abandona España despois de algo máis de dous anos pasando por distintas mans por toda a península e as Illas Canarias. Entre os pilotos que manexaron este coche podemos atopar a Carlos Sainz, Miguel Fuster, Daniel Marbán, Manuel Fernández e moitos máis. Se queres coñecer máis en profundidade este coche e investigar sobre a súa traxectoria podes facelo AQUÍ.
Isto non quere dicir que Jorge se quede sin coche, xa que o equipo de Salceda adquiriu unha unidade de Citroën DS3 R5 que xa coñecemos, trátase do chasis que utilizaron Luis Vilariño e Ricardo Costa. Mais aínda que xa o coñecemos, imos repasar un pouco a súa historia e, sobre todo, como chegou ás mans de Jorge Pérez.
Trátase da unidade número 52, un coche que comezou a súa aventura en probas do mundial e do europeo sendo pilotado por Simeone Tempestini no ano 2017. Xa en 2018 estaba o coche en Galicia preparado para o rally da Coruña con Ricardo Costa (Macominho Sport), onde abandonou por mor dun impactante accidente. En Noia volveu sair Ricardo con el e o resto do ano utilizaríano Luis Silva e Luis Delgado en Portugal. En 2019, de novo, Ricardo Costa volveu utilizar esta unidade na Coruña e en Noia, Ramiro Brito utilizouno un par de veces en Portugal e logo pasaría a mans de Luis Vilariño para rematar a temporada en Galicia, tamén saliu con el en Coruña do 2020.
Despois disto, pasaría isto: durante o confinamento do COVID19 RaceSeven adquire unha nova unidade de Sköda Fabia R5, que utilizará Domingo Molinos; Vilariño compra o Sköda Fabia R5 antiguo de RaceSeven que estaba utilizando Molinos ata o momento, así que Vilariño tiña que desfacerse do DS3 R5 e cómprao Víctor Senra... E agora está en mans de Jorge Pérez.
Jorge Pérez Oliveira busca dar un novo salto na súa carreira deportiva e agarda para retomar as carreiras canto antes, aínda que pensa que non tan rápido como pretende a FGA. Polo momento, como el mesmo di, o único que se sabe é que a copa N5 e a copa Iniciación están suspendidas neste 2020.
Comunicado Oficial
Rally da Coruña 2020- L. Rivera |

Comentarios
Publicar un comentario