Pepe López conquista os treitos de Ourense

Pepe López conseguiu rematar o rally de Ourense en primeira posición despois dos abandonos de Xevi Pons e Iván Ares. O piloto do Citroën C3 R5 comezaba o rally clasificandose en cuarto lugar no treito de calificación. Pola tarde levaría un bo ritmo, aínda que o do Sköda Fabia R5, Xevi Pons, marcaba o primeiro scratch do rally de Ourense e remataría a xornada do venres sendo líder da proba con Pepe López e Iván Ares a menos de 15 segundos.

Rally de Ourense 2019-Marcos Parada

O sábado comezarían o día co TC+ e Xevi Pons sería o encargado de abrir pista. Desafortunadamente, sufría unha saída de pista durante o segundo treito da mañá e Iván Ares posicionábase como líder da proba ourensá con Pepe López a menos de 3 segundos. No seguinte treito, o TC7, Ares era superado por López e a diferencia entre os dous era de 3'3 segundos, por detrás estaría Surhayen Pernía a casi un minuto.


Mala sorte para Iván Ares co Hyundai I20 R5, o galego tiña que abandonar por problemas coa bomba de gasolina, o causante podédelo ver na anterior imaxe. Agora, Pepe camiñaba tranquilo con suficiente vantaxe sobre Pernía e debía rematar os dous últimos treitos do rally para obter a vitoria. E así o fixo. No podium estaría acompañado de Pernía e Vinyes; Javier Pardo, Alberto Monarri e Daniel Alonso situaríanse tras eles.

Comentarios

Publicacións populares