Os comisarios multan a RMC con 5000€ no Rally de Portugal

A empresa RMC Motorsport foi multada cunha cantidade de 5000€ no Rally de Portugal despois das verificacións pre-rally este pasado xoves, cando os comisarios detectaron irregularidades no extintor do dorsal número 75, coche co que participan João Fernando e José Janela (Ford Fiesta R5).


Nestas verificacións, os comisarios detectaron que a etiqueta que portaba o extintor era falsa e que ademáis este estaba "caducado" (tería que estar "reparado" en Febreiro de 2019). Con esta situación, os comisarios decidiron impoñer unha multa de 5000€ a RMC Motorsport, tamén avisarán á RFEdA por se ocurren casos similares no futuro co piloto ou coa empresa e, ademáis, enviarán o extintor á empresa que os fabrica para comprobar se o sistema foi modificado ou non.

Máis tarde, volveron verificar un novo extintor e João e José xa puideron correr, rematando este venres na posición 47 da clasificación xeral.

-Comunicado oficial(PDF)

Comentarios

Publicacións populares