Líder sorpresa no Rali de Noia
Ricardo Costa, inscrito na copa Top Ten Pirelli cun Citroën DS3 R5 chegaba ao descanso de mediodía como líder no Rali de Noia. Aínda que semelle unha mentira, é verdade e ímosvos contar cómo conseguiu chegar ata aí nun rali de Noia con tantos cambios climáticos.
A primeira especial transcurría sen maiores problemas entre os equipos de cabeza, era o treito urbano de Noia e ninguén quería arriscar. Nese momento o líder era Iago Caamaño e Ricardo Costa sitúabase terceiro e líder da copa. Chegamos ao sábado, primeiro treito, "Pavimentos Noia", parrilla para ver na escuridade e pneumáticos de auga. Sorpresa! Nese primeiro treito abandonan dous dos canditatos á vitoria, Iago Caamaño (por problemas na bomba de auga, que afectaba á temperatura) e Alberto Meira (por rozar un vallado nunha ponte, rompía un dos brazos traseiros). Víctor era líder con máis de medio minuto sobre Antonio Rodríguez e Ricardo Costa, parecía que xa tiña a vitoria nas súas mans pero a vitoria non se obtén ata chegar a meta.
Chegamos ao último treito da mañá, segunda pasada por "Senra Sport" e Víctor Senra sufre un pequeno susto sobre o asfalto mollado, tardou algo menos de un minuto en volver retomar o camiño, con isto convertíase en líder Ricardo Costa, acompañado de Rui Vilaça como copiloto. A parella portuguesa terá que loitar nos treitos da tarde para manter a posición da xeral e da copa.
Rali de Noia 2019-Pablo Ares |

Comentarios
Publicar un comentario