Félix Macías vence en Cacabelos

O piloto do Subaru Impreza foi o máis rápido no treito de Cacabelos, un treito que se realizaba a catro pasadas para completar a proba, obtendo el tres scratch's. Félix conseguiu a primeira posición no rally, por diante de Iago Caamaño (con novo copiloto) e Alberto Otero.

2018-Descoñecido

Alberto Otero era quen conseguía poñerse líder despois da primeira pasada polo treito, detrás, pero moi cerca (en menos de 15 segundos), estaban Macías e Caamaño. O segundo asalto gañouno Félix, con Caamaño seguíndoo moi de preto, aínda que Alberto mantíñase como líder da proba.

Despois da terceira pasada, Félix e Mónica subían á primeira posición, deixando a Otero e Caamaño na loita pola segunda posición. Na última ronda había algún problema para o do Fiesta N5, un problema que lle facía perder algo máis de medio minuto, así conseguía a segunda posición Iago Caamaño, con Félix rodando hacia a vitoria.

Comentarios

Publicacións populares