Qué é o CGRV? Como podo participar?

Nace un novo campionato automovilístico en Galicia e é que os ESports están xa no mundo dos rallies. Non, non se utiliza ningún xogo de rallies nos que esteas pensando agora mesmo, nin DiRT, nin WRC..., trátase dun xogo chamado Richard Burns Rally que foi lanzado no ano 2004.


Grazas ao traballo de voluntarios de todo o mundo, este xogo foi evolucionando por diferentes camiños, que se coñecen como mod's, para converterse nun dos mellores simuladores de todos os tempos, para o campionato galego utilízase o "mod checo". O xogo base traía 8 coches e agora podemos atopar casi calquera, dende un Marbella ata un C3 R5; tamén recrea moitos treitis reais, coas actualizacións créanse novos percorridos que se asemellan moito aos reiais.

Imos poñer un exemplo co treito de Sementin:
-Real: https://youtu.be/Go7TBRuD61o / https://youtu.be/crvbHNB6hL0
-Virtual: https://youtu.be/AwWi13VtF_w

En anos anteriores xa houbo algún intento de levar adiante campionatos de Galicia no RBR co mod francés, pero desta vez, co checo, estanse batendo récords, 300 inscritos son bastantes, ata nun rally virtual.


Nos últimos días preguntáronnos bastante en qué consistía este campionato así que decidimos traervos un tutorial de instalación gratis e o enlace ao foro onde se explican os pasos a seguir para inscribirse.

-Tutorial
-Foro
-Información Campionato foro

Este campionato non o organiza a FGA pero comprometéronse a entregar trofeos aos vencedores na gala da FGA, xuntos cos demáis deportistas.

Comentarios

Publicacións populares