Jorge Pérez deberá defender o liderato da Top Ten Pirelli-Castrol

O Campionato Galego de Rallies deu un pequeno respiro dende o rali Sur do Condado, o pasado 7 de Xullo, para estirar toallas e desplegar sombrillas ata esta próxima fin de semana, co retorno dun clásico, no que volverán a sonar os motores para a vixésimo sexta edición do Rali Botafumeiro, logo de catro anos de parón dende a súa última aparición no calendario deportivo do CGR.

Marcos Parada-Rali Sur do Condado 2018


Con ganas de volver a correr nunha proba coñecida para él, Jorge Pérez enfrentarase a un rali difícil e fundamental para a defensa do liderato da Copa Top Ten Pirelli-Castrol na que, contra todo pronóstico, o de Salceda posicionouse como favorito a bordo dunha montura teóricamente menos competitiva que a de rivais a bordo de coches con tracción total.

Xunto a Juan Gándara como navegante, Pérez intentará manter o ritmo mostrado na primeira mitade do campionato coa esperanza de que os tramos non se ensucien demasiado e que los 4x4 non aproveiten as súa vantaxes e, ao mesmo teempo, exprimir ao máximo as cualidades do seu Renault Clio R3.

Cunha lista de inscritos de ata 159  participantes (dúas baixas coñecidas, polo momento), o Campionato Galego de Rallies volve a convertirse nun referente este fin de semana en Santiago de Compostela para 5 treitos a doble pasada aos que hai que sumar a Super Especial de San Lázaro e un Shakedown voluntario o mesmo venres, pouco despois dunha céntrica ceremonia de saída pola capital de Galicia.

En canto á copa Top Ten Pirelli-Castrol na que se atopa o Team Olimar, Jorge Pérez lidera o campionato con 927 puntos contra os 880 de Tino Iglesias que ocupa a segund plaza.

Nota de Prensa: Team Olimar

Publicacións populares