3ª Subida Ponte Caldelas 2018-Información
A escudería BuXa Motor organiza a 3ª edición da subida Ponte Caldelas os días 4 e 5 de Agosto, proba puntuable para o CGM (Campionato de Galicia de Montaña). Este ano estreará novo trazado e a escudería recorda que algunhas partes deste percorrido formaron parte do rally Rías Baixas e do rally Albariño. O cambio de percorrido débese ás obras que se están realizando na estrada de Laxoso, ademáis conta con máis accesos, zonas parking e zonas elevadas para o público.
Con respecto á lista de inscritos, qué dicir?, fala por sí soa, un total de 75 inscritos entre os que destacan Paco Outeda e Alberto Camba que volven á competición anos despois. Entre os primeiros segue a loita polo campionato entre Alexis Vieitez, Pablo Rey, Sergio Varela e algúns máis. Entre os carrozados podemos ver, como xa anunciamos nas nosas redes sociais, a Santi Abad listo para o estreno do Lamborghini Gallardo GT3, tamén poderemos disfrutar da presencia de Senra, Magariños, Serantes... Vehículos como dous Seat Marbella, un Seat Panda, un Opel Manta, un Polo G40, un Ferrari 308, un Swift S1600... En fin, imposible perderse esta cita do Campionato de Galicia de Montaña, é visita obrigada. A continuación deixámosvos a lista de inscritos, os horarios, os mapas cos accesos e a on-board do percorrido.
-Lista de inscritos(PDF)
Horarios
Sábado
Domingo
-Ver mapa en wikiloc
-Parque pechado
-Parque de traballo
-Saída
-Zona 1
-Zona 2
-Zona 3
-Zona 4
-Meta
-Condado Racing en directo: AQUÍ
-O tempo-Ponte Caldelas
-Onde comer-Ponte Caldelas
-Aloxamento-Ponte Caldelas
-Zonas de interese-Ponte Caldelas
#VasCorrerVas