Jorge Pérez xa é líder da Top Ten Pirelli
Esta fin de semana, o equipo Olimar marchou de Narón cunha quinta posición da xeral e unha primeira posición na copa Top Ten con Jorge Pérez no seu Clio R3 acompañado polo seu copiloto Juan Gándara. Jorge conseguiu a vitoria da "Top Ten" nun fin de semana que se predecía moi interesante, e así foi, coa loita en todas as copas (incluíndo sorpresas polos tempos e as posicións finais) e coa loita de cabeza entre Iago Caamaño e Víctor Senra.
Antes da proba de Narón avisaba Jorge Pérez de que lle gustaba moito esta proba, onde en 2016 tamén conseguiu unha quinta posición e clasificándose, e en 2017, terceiro da xeral, tamén. Comentaba a dureza da proba polo rápido e sucia que era e aclaraba que precisaría a máxima confianza no seu copiloto e nas notas para ver as innumerables curvas cegas dos treitos coruñeses desta fin de semana. É esta unha das causas polas que o equipo Olimar está moi contento co novo copiloto Juan Gándara, así como a rápida adaptación e a súa visión optimista.
O sábado comezaba mal para Jorge cun pinchazo no primeiro treito aínda que este non impedíu marcar uns bos tempos e mantívose na loita con Antonio Vacárcel (Mitsubishi EVO IX) á que se uniría, pouco a pouco, Celestino Iglesias co Fiesta N5. Durante a terceira sección abandonaba Antonio por unha saída de pista e a falta dunha sección para rematar a proba só quedaban Jorge e Celestino na loita pola Top Ten Pirelli "A". Os dous seguiron loitando treito a treito ata o final e Jorge Pérez foi quen resultou o vencedor despois dun duro día con algún que outro problema no Clio R3 que resolveu rápidamente a asistencia do equipo Olimar.
Agora, Jorge Pérez é o líder "virtual" da clasificación xeral da copa Top Ten Pirelli por diante de Celestino Iglesias e volveranse ver as caras no rally Sur do Condado en menos de dúas semanas. Jorge Pérez corre "na casa" pero poida que nesta proba a calor marque as diferencias.
Información: Prensa Team Olimar