Vitoria para Javier Ramilo en Pontedeume

Javier Ramilo fíxose coa vitoria esta fin de semana na primeira edición do RallyMix de Pontedeume, terceira proba do CGRM (Campionato Galego de RallyMix). Javier conseguiu gañar a proba cunha vantaxe de máis de 27 segundos na xeral con respecto ao segundo clasificado, Abel Jurado; e con algo máis de 37 segundos sobre o terceiro clasificado, Abraham Duarte, quen estrenaba novo KartCross.

Bruno Penas Fotografía

Nos primeiros treitos do sábado era Abel Jurado quen marcaba o mellor tempo, pero xa no terceiro e último treito do día, Javier Ramilo colocábase en primeira posición da xeral por menos dun segundo, exactamente foron 0.265 segundos a cantidade que separaba aos dous primeiros. Terceiro era Alejandro Pena a 18 segundos de cabeza e que era perseguido por Abraham Duarte a 0.367 segundos. Con estes tempos a competición quedaba moi emocionante para o domingo na categoría de KartCross.

Bruno Penas Fotografía

O domingo, na cuarta pasada da proba Javier Ramilo comezaba a distanciarse quitándolle casi un segundo e medio a Abel Jurado, cunha vantaxe de casi dous segundos na xeral. Neste treito Abraham Duarte adiantaba a Alejandro Pena quitándolle agora casi catro segundos na xeral, pero aínda así estaba lonxe de Abel Jurado. E por último, na derradeira manga da proba coruñesa mantíñase líder Javier Ramilo e conseguía a vitoria da proba. Abel Jurado disputaba tranquilo esta última manga, sen arriscar, deixándose 10 segundos e clasificándose en segunda posición. Por detrás de Abel, Abraham, que logrou posicionarse terceiro co novo vehículo.



Publicacións populares