Así será a Copa Botas Bikes 2018 para RallyMix


A FGA (Federación Galega de Automobilismo) crea, xunto coa empresa Botas Bikes, a 1ª Copa Botas Bikes para esta temporada 2018. Nesta copa poderán participar os Polaris RZR e os CAN-AM Maverick X3 vendidos por Botas Bikes, teranse que inscribir en agrupación 1 da clase A e presentando a factura de compra.

As probas que contarán para esta copa serán os RallyMix de Touro, Ferrol, Piñor, Gudiña e Barbadás. Esta copa, ademáis dos premios da agrupación, contará con premios para cada proba:

  • 1º-500€
  • 2º-300€
  • 3º-400€
A final de temporada entregaranse trofeos ao primeiro e segundo clasificado da copa, ademáis dos trofeos para o primeiro e segundo da categoría UTV-Buggy.

Os vehículos da copa deberán montar os pneumáticos de asfalto-terra “Goldspeed devil" ou "Maxxis Spearz” adquiridos en Botas Bikes e será obrigatorio o uso de faldillas nas catro rodas. En canto á seguridade, estes vehículos deberán equiparse cun total de dous extintores (para o piloto e o copiloto) "Mangiafuoco" de 100 segundos de actuación ou un equipo de estinción do Grupo A da normativa FIA 2018.

Publicacións populares