Rally do Moucho 2017-Itinerario


Este mítico rally de regularidade é organizado, un ano máis, pola escudería Surco na zona de Salvaterra.

O lugar dende onde tomarán a saída os participantes será, como en edicións anteriores, no recinto amurallado de Salvaterra de Miño a partir das 17:15h. Como sempre nos preguntan por onde pasarán ou por onde é o trazado, recordamosvos a todos que neste tipo de probas non se pode saber, xa que os participantes deberán orientarse e atopar o camiño para chegar aos reagrupamentos pasando polos puntos de control. Soamentes podemos saber a liña de saída en Salvaterra, o reagrupamento na área de servicio QUINTÁNS, na Cañiza a partir das 19:20h. (de onde comezarán a sair ás 19:50h.), e a chegada no restaurante O Castelo, en Vilasobroso, sobre as 21:10h.


Recordámosvos que o noso colaborador Lorenzo estará nun dos equipos participantes e poderedes pedirlle pegatinas de Condado Racing por 1'50€, poderedes atopalo na saída, reagrupamento e meta (se non hai ningún problema).
Coche: Renault Clio. Dorsal: 99

-Regulamento
-Lista de inscritos
-Máis información

Publicacións populares