Excelente actuación de Pardo en “La Nucía”


Javier Pardo e Efrén Llarena comezaban unha loita dende os primeiros tramos con tempos sorprendentes e incluso superando a algúns equipos de 4RM. Desafortunadamente, despois de estar todo o día pelexando polo liderato dos R2, Efrén sufría un pinchazo no último tramo, que facilitaba que Javier chegase ao final da proba líder, cuns cronos abraiantes e con vitoria na BkR2, R2 e 2RM; chegando na clasificación xeral ata un sétimo posto.


A seguinte e última proba no CERA é a de Madrid e Javier Pardo intentará seguir co mesmo ritmo para asegurar os campionatos de R2, 2RM e Junior

Publicacións populares