Dani Álvarez e Adrián Vázquez conseguen a Ag.2
Dani Álvarez e o seu copiloto, Adrián Vázquez, conseguían o campionato da Agrupación 2 despois de gañar na Agrupación 2 en Barbadás, última das catro probas disputadas en 2017 para o CGRM. Obtiveron, en Barbadás, a primeira posición da copa Pirelli K6 e a segunda entre os carrozados.
Abraham Duarte e Adrián Abal, outros membros da mesma escudería (Escudería Cuntis Vila Termal) tamén se posicionaban primeiros da Ag.3 o sábado pero problemas mecánicos obligáronos a abandonar.
Fonte: Esc. Cuntis Vila Termal