Adrián Díaz campión por primeira vez cun R5

Nesta proba citábanse miles de afeccionados ao automobilismo galego para ver a posible resolución do campionato e marchan sen saber que será o campión do título CGR 2017 e coñecendo á nova promesa galega dos rallys.

Marcos Parada

Foi chegar e encher, o piloto lucense, Adrián Díaz (habitual do CERA no Suzuki S1600) que se estrenaba hoxe por primeira vez cun coche da categoría R5, concretamente o Sköda Fabia R5, copilotado por Andrea Lamas, conseguiu superar aos favoritos do CGR nos dous tramos nocturnos conseguindo eses dous scratch e algún máis, contámoscho a continuación.


Comezaba a mañá deste sábado e sorprendía Alberto Meira no primeiro tramo co seu scratch e "meténdolle" máis de tres segundos a Adrián Díaz co Fabia R5. Por detrás Caamaño, Senra e Vallejo clasificábanse por este orde. No segundo tramo Alberto volvía superar co EVO R4 aos da categoría superior, R5; esta vez Senra situábase a 0.317, segundo no tramo e terceiro Iago Caamaño cunha diferencia de 1.659. Así remataba a primeira sección, con Meira líder e cos dous scratch dos dous tramos disputados.



A continuación, na segunda pasada polo primeiro tramo, Víctor Senra conseguía o mellor tempo e, con isto, achegarse a Alberto Meira na clasificación xeral. Meira Caamaño e Díaz seguían detrás na clasificación scratch. Xa no seguinte tramo (TC4), o scratch era para un sorprendente Adrián Díaz que deixaba a todos coa boca aberta na súa primeira vez cun R5. Senra Caamaño e Meira pisándolle os talóns a moi poucos segundos na clasificación scratch do TC4. Chegaban ao ecuador da penúltima proba do campionato coa clasificación xeral así:

1ºAlberto Meira 30,10;594
2ºVíctor Senra +2.405
3ºAdrián Díaz +5.846
4ºIago Caamaño +6.502
5ºSergio Vallejo +30.712


Pola tarde, chega o Tramo Cronometrado número 5 e Meira máis Senra clavan o tempo a pesares de que Víctor tivese problemas co diferencial, terceiro resultou Caamaño e cuarto Díaz. Gracias aos problemas mecánicos de Víctor Senra, Alberto Meira puido aumentar a súa vantaxe sobre el no TC6, agora, unha diferencia de 8 segundos entre os dous na clasificación xeral.

Marcos Parada

Chegaban xa os tramos nocturnos, segunda pasada polos tramos da tarde. No penúltimo tramo gran scratch de Adrián Díaz e problemas para Alberto Meira e Víctor Senra que empeoraban os tempos da primeira pasada. Clasificábanse así no tramo: Díaz, Meira, Caamaño e Senra. Neste momento Adrián Díaz conseguía facerse coa segunda posición da proba, por diante de Senra e cinco segundos por detrás de Meira. Último tramo e Adrián Díaz marcaba o scratch do último tramo con moita diferencia sobre Meira colocándose en primeiro lugar da clasificación e gañando o rally.

L. Rivera

En canto á clasificación do campionato, Víctor Senra segue primeiro pero cunha diferencia moi pequena con Alberto Meira, segundo e con Caamaño en terceira posición. Agora só nos queda esperar que non cancelen a última proba do calendario mediante un comunicado da FGA, o campionato está aínda por decidir, vémonos na Comarca da Ulloa.

Publicacións populares