Todo podería dar fin no San Froilán

Acábase de celebrar o rallye Ribeira-Sacra e aínda seguimos con dudas a falta de semanas contadas para a celebración do Rallye San Froilán. Hai dudas con respecto á celebración do Rallye Ría de Vigo e o Rallye Comarca da Ulloa e repítese a historia da pasada temporada, onde se anunciou a vitoria do CGR por parte de Alberto Meira mediante un comunicado da FGA e non sabendo o mesmo día do rally se Alberto tiña a vitoria ou se, pola contra, tería que seguir loitando unha carreira máis.

Marcos Parada

Nesta temporada 2017 é Víctor Senra quen lidera o CGR, comezou o ano moi ben, gañando as suficientes probas como para decidir que non participaría no rallye Sur do Condado. Aínda que neste pasado rallye Ribeira-Sacra as cousas puxéronselle difíciles cun pinchazo, problemas de dirección e loitando contra un Alberto Meira imbatible ata que sufriu rotura de palier, así se colocaba Iago Caamaño en segunda posición por detrás de Hiroki Arai. A pesares de que é Senra quen vai líder do campionato, Meira e Caamaño veñen “pisándolle os talóns”.

L. Rivera


En calquera caso, os pilotos deben dar o máximo no rallye San Froilán para tratar de rematalo na primeira posición do campionato por se se decide publicar un comunicado, despois da celebración deste, onde se comunique a cancelación dos rallyes restantes ou onde se afirme a celebración deles. Estaría ben saber quen é o gañador do campionato ao remate do derradeiro (e non último) tramo da temporada.

Publicacións populares