RallyMix Piñor 2017-Itinerario
O sábado e domingo (19 e 20 de Agosto) volve o Campionato Galego de RallyMix coa proba de Piñor, aquí vos presentamos o novo percorrido (Quinza Racing):
O novo trazado desta competición resulta con zonas de moi altas velocidades, é por isto que a escudería decide poñer un par de chicanes para reducir a velocidade dos vehículos e aumentar a seguridade para todos. A continuación podedes ver unha on-board do tramo:
Ver On-Board
A lista de inscritos é unha das mellores desta temporada con cincuenta inscritos e coa presencia do ourensán Javier Pardo co seu coñecido Peugeot 208 R2.
-Lista de inscritos
Con respecto aos horarios das mangas, o sábado tomará a saída da primeira manga, o primeiro participante, ás 12:15; da segunda manga ás 14:15 e da terceira manga ás 16:15. O domingo disputarase a cuarta manga a partir das 10:00 e a quinta ás 12:00 para finalizar coa competición.
-Regulamento
-O tempo-Piñor
-Aloxamento-Piñor
-Onde comer-Piñor
-Zonas de interese-Piñor