Non hai quen pare a Víctor Senra no CGR, nin os principais rivais, Meira e Caamaño, puideron con el nas catro carreiras que se disputaron este ano.
|
Pablo Ares |
O nivel que estamos vivindo no Campionato Galego de Rallyes este ano era inimaxinable en temporadas anteriores, a chegada dos R5 aumentou a velocidade e a calidade de competición en Galicia, Iago Caamaño, con outro Ford Fiesta R5 e Alberto Meira cun EVO X R4 (quen se achega bastante a pesares de estar nunha categoría inferior) son as principais ameazas dado que Alberto e Iago sempre disputan o terceiro e segundo posto de cada rallye.
|
L. Rivera |
A próxima proba será o rallye Sur do Condado, veremos se pode conseguir a quinta vitoria Víctor aí, unha proba que será difícil e na que todos, sobre todo Alberto Meira que compite "en casa", tentarán ir a por Senra e igualar os tempos. O piloto líder do campionato xa pensa en participar no nacional en 2018 despois de saber que non poderá estar en Ferrol porque coincide coa proba d'O Condado.