Turno de Iago Caamaño

Esta vez Iago Caamaño non quere acadar só o podio, senon que vai a pola vitoria.


Hoxe, Iago Caamaño conseguía o scratch no primeiro tramo deste Rallye de Narón con Víctor Senra "pisándolle os talóns" en segunda posición. Pola contra, o outro que normalmente tamén ocupa o podio, Alberto Meira, tivo un erro neste tramo que lle valeu 12 segundos, caendo en picado na clasificación.

L. Rivera
Este primeiro tramo non será extremadamente decisivo, dado que só ten algo máis de 1km. (no que a pesares de non ter nada que gañar, si houbo moito que perder coma no caso de Alberto) e mañá espérase unha larga xornada de tramos que poden facer que a clasificación cambie por completo.

Intentaremos seguir o directo mañá dado que hoxe non puidemos seguir traballando porque a tabla de tempos online non funcionaba correctamente.

Publicacións populares