Dani Cué terceiro en Argentina

Dani Cué copilotando a Benito Guerra nesta edición WRC Argentina 2017 obtivo a terceira posición despois de romper o coche no segundo día de competición.


O equipo comezaba con normalidade no primeiro día, cun só tramo cronometrado, e con tranquilidade pero no segundo día, cando xa se presentaban máis treitos, o equipo tivo unpequeno descuido que fixo que romperan varias pezas do sistema de dirección cerca da roda, o que os obrigou a abandonar e facer SuperRallye ao seguinte día.


Durante o terceiro e cuarto día completaron todos os treitos, incluso marcando scratch en moitos deles e conseguindo así a entrar no podium de WRC2 no rally de Argentina.


A parella do Fabia R5 estará presente no WRC de Portugal e posiblemente algunha proba máis.

Publicacións populares