O covelense Juan Pablo preparado para o CERT
O piloto galego Juan Pablo Castro arranca este fin de semana a súa andadura no Campionato de España de Rallyes de Tierra (CERT) 2017 en Lorca, e faino aos mandos dun Mitsubishi Lancer Evo X que lucirá as cores do Concello de Covelo, de onde é orixinario. "É un orgullo presumir de covelense no Campionato de España de Rallyes, e é un lugar ao que, sempre que podo, volvo cando os rallyes e o traballo mo permiten".
ARV Racing |
Juan Pablo, que fai dous anos foi terceiro do campionato a bordo dun Subaru Impreza N14 afronta, este ano, toda a temporada moito máis centrado nun obxetivo despois de que a temporada pasada cambiase de montura co campionato xa iniciado. "O Mitsubishi Lancer Evo X é un coche para loitar polos postos de cabeza, pero a verdade é que o nivel do campionato está subindo exponencialmente nos últimos anos, e ver as listas de inscritos con tanto piloto que compite a nivel internacional impresiona".
ARV Racing |
No asiento de copiloto sigueo acompañando unha temporada máis Juan José Leal e competirá baixo o amparo técnico de ARVidal Racing, compartindo equipo co Campión de España Junior, Javier Pardo, que este ano abandona as dúas rodas motrices, das que tamén foi campión o ano pasado, para competir esta temporada nun Subaru N14.
ARV Racing |
Noticia vía: Prensa ARV Racing