Meeke segue indiscutible en México

Despois do horrible comezo de temporada do equipo Citroën, parece que en México poden resarcirse e conseguir a súa primeira victoria (e podio) deste WRC 2017. O piloto norirlandés Meeke mantivo un ritmo moi alto (característico do seu estilo de pilotaxe) e conseguiu manter o liderato durante a xornada do sábado.



Foto: wrc.com

A grandes trazos non houbo demasiados cambios na clasificación xeral. O máis destacable é que a organización decidiu retirarlle os 10 minutos de penalización a Dani Sordo, polo que, a pesar de ter un pinchazo nunha das especiais,  o cántabro ascendeu ata a octava posición. Sébastien Ogier é segundo a 30 segundos de Meeke e Neuville terceiro a 1 minuto e 10 segundos do norirlandés. Vendo as diferenzas de tempo entre os pilotos só un erro de algún deles pode provocar un cambio na clasificación final . Quizáis a disputa máis entretida pode ser a dos dous pilotos Toyota, con Latvala sexto e Hanninen séptimo separados por tres décimas. Imporá Mäkinen ordes de equipo para que Latvala consiga os máximos puntos posibles?

Así está a xeral cos tramos do domingo por disputar:



Publicacións populares