Citroën participará en Córcega con 3 C3 WRC
Foto: wrc.com |
O equipo Citroën Total Abu Dhabi WRT empregará tres unidades do novo C3 WRC no rally de Córcega, que se disputará dende o día 6 ata o día 9 de abril. Será a primeira ocasión na que os tres pilotos poderán empregar esa unidade ao mesmo tempo, ata agora turnábanse Lefebvre e Breen cunha unidade do DS3 WRC.
Será no rally de Portugal, xa no mes de maio, cando vexamos unha cuarta unidade do C3 WRC, esta cuarta unidade será pilotada por Kalid Al Qassimi, piloto que leva aos mandos dun citroën dende o ano 2013. Dende Portugal cara adiante poderemos ver 4 pilotos de Citroën en varios rallys. Esperemos que con mellor sorte que ata agora.